jueves, 19 de mayo de 2016
17 DE MAIO
O venres pasado celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano fíxose homenaxe ao autor Manuel María. A través do curso traballamos a este escritor da nosa fala en diferentes momentos. No Nadal cantamos no festival unha das súas panxoliñas. Cando investigamos sobre o tempo metereolóxico estudamos un dos seus poemas sobre o arco da vella. Limos durante o curso unha das súas novelas para nenos/as Os bigotes de Mimí. Este venres os nenos/as de primaria quixemos representar unha das súas obras de teatro Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.
Aquí podedes ver os nosos debuxos e cómics para o concurso do concello.
miércoles, 18 de mayo de 2016
domingo, 24 de abril de 2016
Xogos científicos
Descubriendo as propiedades dos materiais realizamos moitos xogos de letras, coa taboa periódica e un xogo de pistas para averiguar un material escondido.
miércoles, 6 de abril de 2016
Día do pai
Polo día do pai quixemos demostrarlles o noso cariño cun quebracabezas que cada un pintou ao seu gusto, aquí podedes ver algúns deles antes de envolvelos.
Plantas!!
Coa chegada da primavera, descubrimos algunhas das características das plantas.
Fixemos unha visita á horta da nosa veciña e alí vimos plantas moi diferentes.
Tamén fixemos xerminar a nosa propia planta.
Fixemos unha visita á horta da nosa veciña e alí vimos plantas moi diferentes.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

















