miércoles, 12 de octubre de 2016

Nadaríns!!

Este curso investigaremos sobre o mar, e comezamos este proxecto cun conto que nos encanta a todos/as. Nadarín!!

Neste conto os amigos/as de Nadarín únense para parecer un peixe máis grande e dar medo aos animais de maior tamaño que os queren molestar.

Así fixemos con plastilina esta secuencia do conto.






Chegou o outono

Coa chegada da nova estación fixemos moitas actividades. Moitas coas follas de outono que caen das árbores. Gracias mamás e papás pola vosa colaboración.













Tamén limos un libro sobre a estación do outono e con pipas conseguimos o protagonista do conto, que chulos estes ourizos!!




Axudámonos como bos compañeiros/as

Os nenos/as de 3 anos somos moi pequeniños pero xa sabemos facer unha morea de cousas, estamos aprendiendo a abotoar e desabotoar os mandilóns dos compañeiros/as.