sábado, 10 de junio de 2017

Enciclopedia do mar: hipocampo

Hipocampo? A que é unha palabra moi rara? Pois resulta que en galego se lle chama así aos cabaliños de mar, é unha palabra que vén do griego.

É unha especie moi estraña, nadan de forma vertical, pasámolo moi ben xogando a nadar como cabaliños de mar!! 
E ademais o macho é o que incuba os ovos. Vimos un video de como nacen e sorprendeunos moito.












Enciclopedia do mar, novos fascículos

Da película Buscando a Dory encántanos o personaxe de Destiny, quixemos investigar sobre que tipo de animal é.


É un TIBURÓN BALEA  e é o peixe máis grande do mundo, que non confundir co animal do mar máis grande do mundo. Sabíamos que a balea azul era o animal máis grande, pero resulta que é un mamífero, por iso lle cede a categoría de peixe máis grande á nosa amiga DESTINY.



Vimos unhas fotos dunha amiga da profe nadando con tiburóns balea en Filipinas e fixemos a nosa manualidade sobre esta especie tan bonita, é das nosas preferidas.





Enciclopedia do mar

Seguimos coa nosa enciclopedia do mar. 
Un día atopamos no patio moitísimos caracois.







Quixemos saber se no mar tamén había caracois...
e descubrimos que sí.





Descubrimos que na natureza ao igual que os caracois, moitas cousas teñen forma de espiral. Xogamos a facer espirais no encerado dixital.








Cofraría do Pindo

O pasado luns fomos de visita á Cofraría do Pindo. Alí nos explicaron moitos asuntos relacionados coa pesca e co porto. Tiñamos planificada unha visita ao Ézaro, pero debido á chuvia non puidemos ir. Puxémonos un pouco tristes, pero aínda así gustounos moito saír de excursión cos nosos compañeiros/as das outras escolas.



Premios do Dia das Letras Galegas

A semana pasada fomos a Usos Múltiples a recoller os nosos premios polo Día das Letras Galegas, estes foron os libros que nos tocaron. Encántanos os dous títulos!! Estes días están viaxando ás casas para compartilos coas familias.