miércoles, 25 de enero de 2017

Multiplicando!

A semana pasada toda a clase axudamos aos maiores a inventar unha máquina de multiplicar. Coa nosa lóxica e utilizando a palabra comodín "veces" descubrimos que podemos multiplicar incluso antes de memorizar as táboas.










Uy que lío!!

Seguimos interiorizando o esquema corporal e á volta do Nadal realizamos un quebracabezas moi divertido cos nosos corpos. Con quen vai esta cabeza? De quen son estas pernas?... uy que lío.


Agasallos dos Reis Magos

Aquí vos deixamos unhas fotografías cos xoguetes que nos deixaron na escola os Reis Magos. Tamén nos deixaron unha carretilla para cando estrenemos o noso novo patio.







miércoles, 11 de enero de 2017

Profesións

O primeiro trimestre descubrimos o noso medio social mediante as profesións. Investigamos sobre moitas profesións e as relacionamos con utensilios e traballos que realizan para a sociedade.


Aproveitamos este tema para practicar a lectoescritura.







Grazas a mamá e papá escollimos unha profesión que nos guste moito moito e a colocamos no nos taboleiro baixo o título de EU DE MAIOR QUERO SER...


Isto serviunos para enlazar este trimestre co noso tema anual: o mar. Que profesións están relacionados co mar?


Aquí aparecen algunhas delas. A partir de agora imos investigar sobre unha moi especial: que significa ser mariscadora? Hoxe comezamos o noso libro de investigación sobre as mariscadoras e debuxamos como nós as vemos.









As cores de Elmer

Durante o primeiro trimestre os pequenos/as estivemos traballando as cores cun conto que nos encanta Elmer.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another picture slideshow by Smilebox


Xogamos coas cores no patio.








Traballiños do Nadal

Estas foron as portadas dos nosos traballiños.






Tamén fixemos unhas postais moi bonitas para desexar felices festas ás nosas familias.



Fixemos algún adorno para o pino do Nadal.