miércoles, 23 de noviembre de 2016

Corten... e acción!

Este trimestre vimos un anaco da película La oveja Shaun e nos interesamos por saber como facían por mover os personaxes de plastilina. Investigamos sobre o tema e quixemos probar cun dos nosos contos preferidos sobre o mar, Nadarín.

Primeira lección, tivemos que conseguir un trípode porque sen ter a máquina suxeita, non conseguíamos o efecto de movimiento.


Despois de tomar todas as fotografías, fixemos unha secuencia de todas elas a cámara rápida cun programa de edición de vídeo moi sinxelo.




E... así quedou o resultado.


Psicomotricidade fina

Moitas sesións da escola dedicámolas a realizar xogos coas mans, encántanos recortar. Hoxe ademais estivemos debullando o millo que trouxemos da casa, pasámolo moi ben, e rematamos a sesión realizando xogos sensoriais coas mans e pés.






















De quen falo?

Un xogo que nos gustou moito foi adiviñar personaxes utilizando descricións físicas. Deste xeito practicamos a fala e rimos moito!



Deixamos as imaxes por se queredes xogar na casa.







viernes, 11 de noviembre de 2016

Teatro

Este mes o Concello invitounos a dúas obras de teatro en Usos Múltiples, pasámolo moi ben!!

O día 2 vimos O día que chegou unha nube e choveu.



Este mércores 9 vimos Tita.






As letras do noso nome.

Estes días os pequenos/as estivemos descubriendo as letras do noso nome experimentando con diferentes materiais.













martes, 1 de noviembre de 2016

Samaín!!

Coa chegada do outono, chegan dúas festas moi divertidas: 
o Samaín e o Magosto.

Na escola fixemos moitas manualidades e o venres celebramos en Servizos Múltiples estas dúas festas cos nosos compañeiros/as do CRA. Realizamos moitos xogos, disfrazámonos de vampiros, e comimos doces típicos.