lunes, 20 de marzo de 2017

Características dos mariscos

Xogamos a utilizar os nosos sentidos para descubrir algunhas características dos mariscos.
O mexillón por dentro é brando, e a cuncha é dura.




Pasámolo moi ben descubriendo estas características noutros obxectos.












Rematamos a sesión cun sentido moi especial, o gusto. Gusanitos brandos e millo duro que fai "crack" cando o mordemos, que rico todo!!


Moitos mariscos

Co noso proxecto das mariscadoras descubrimos moitas especies de mariscos diferentes.
MEXILLÓNS



NÉCORAS

PERCEBES

OURIZOS DE MAR

BERBERECHOS, NAVALLAS E AMEIXAS...



Tamén aprendimos que os mariscos e os peixes non se poden consumir cun tamaño pequeno, hai que deixar que medren.

É moi divertida e educativa a campaña publicitaria: "pezquenines no, gracias, hay que dejarlos crecer".



Traballando matemáticas

Queremos compartir con vós algúns dos xogos que facemos no día a día en Infantil para traballar os conceptos matemáticos.
Aquí estamos facendo series con caramelos de cores.
Aquí xogando a buscar forma, tamaño e forma.




sábado, 11 de marzo de 2017

Día da Muller

O 8 de marzo: DÍA DA MULLER
A todas esas mulleres que queremos moito, queríamos facerlles un agasallo polo Día da Muller e fixemos un mural DAS MULLERES DA NOSA VIDA.

.
Tamén vimos e falamos sobre a discriminación co conto Rosa caramelo.


Entroido e o mar

Como xa sabedes, o tema deste curso escolar é o mar. Decidimos disfrazarrnos polo Entroido de surferos e surferas.
Pintamos as nosas táboas de surf.








Investigamos sobre o surf descubriendo que unhas das ondas máis grandes do mundo están en California e tamén en Hawaii.

As ondas máis grandes do mundo chámanse Mavericks.




Falamos dos perigos do mar, do importante que é ser profesional para practicar surf, e de que todo o mundo ten que ter respecto ao mar. Os nenos/as non se poden meter no mar sen a vixilancia dun adulto. Tamén falamos das bandeiras de información das praias.

Debido a que os surferos gústalles moito surfear en Hawaii decidimos ser surferos de Hawaii e descubrimos tamén moitas cousas sobre este lugar. Vimos un trozo da película de Vaiana e elaboramos as nosas faldas "hula".



Encántanos disfrazarnos e pasalo ben no Entroido, queremos que volva pronto!!



Reformas na escola

Este trimestre estivemos no primeiro andar mentres que no baixo estaban de reformas. Agora xa nos trasladamos á nosa aula. Así quedou de bonita.