miércoles, 28 de septiembre de 2016

Que sorpresa!

Cando saímos fóra descubrimos no campo un montón de arañeiras cheas de pinguiñas de auga, o orballo e o sol facían que brillaran como maxia!! Serán as teas de araña da señora " patas flacas" ??









              

O noso corpo.

Estes días estivemos a traballar na clase o corpo humano coas seguintes actividades. Pasámolo moi ben descubriendo novos materiais como o pegamento, a plastilina, as témperas... así como tamén rimos moito cambiando as caras do noso boneco.


















domingo, 25 de septiembre de 2016

Primeiros días de escola.

Este curso recibimos a tres compañeiras novas. E aínda que botaremos moito en falta aos que non están, xa temos moitas ganas de compartir xogos e novas experiencias.



E como este ano descubriremos moitas cousas sobre o mar, así de bonitos quedaron os nosos manteis da merenda.