lunes, 12 de diciembre de 2016

Que chega o Nadal!!!

Pasou tan rápido o trimestre, que case sen darnos conta chegou o Nadal. A semana pasada puxemos o pino, e comezamos coa actuación do festival, deixámosvos unhas pistas.

PODEDES VER A PELÍCULA DO GRINCH DE DR SEUSS NO SEGUINTE ENLACE

A infanta Margarida

Un día apareceu no libro de Lengua unha nena moi guapa vestida así como doutra época, quen era?
Investigamos sobre o tema e resulta que era a Infanta Margarida, filla de Felipe IV de España e a protagonista dun cuadro moi famoso "As Meninas".
Sabedes quen aparece neste cuadro? O pintor que vedes á esquerda, é Velázquez, o autor desta coñecida obra. No centro, cunha luz especial, está Margarida, e a carón dela, as dúas meninas. As meninas eran as coidadoras da pequena Margarida. Tamén podemos ver outra xente da Corte, como persoas que xogaban coa princesa, ou un cuadro ao fondo cos pais da nena.

Fixándonos en todos estes personaxes, así quixemos representalo.