jueves, 18 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas

Este ano fíxose homenaxe a Carlos Casares. Os nenos/as da Rabadeira quixemos lembrar a este importante autor lendo un fragmento do seu libro As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Aproveitamos para facer a nosa versión da ilustración de Luis Seoane (autor tamén da obra de arte As mariscadoras)que aparece neste libro.









Temos unha moi boa noticia!!! Gañamos o Concurso das Letras Galegas en categoría de monográfico e poesía. Recolleremos os agasallos nos vindeiros días.
Aquí vos deixamos mostra dos nosos traballos.















Terceira convivencia

Este luns fixemos a terceira convivencia cos nosos/as compañeiros/as do CRA na escola de Feiranova, escollimos esta data por ser o día da familia. Fixemos obradoiros para realizar un agasallo para as nosas familias, ademais de xogar sen parar e disfrutar moito.










viernes, 12 de mayo de 2017

Aquarium e festa!

O venres pasado fomos á Coruña a visitar o Aquarium, alí o que máis nos gustou foi o tiburón Gastón e ver a Dori e a Nemo. Tamén vimos focas, fotografías de mariscadoras e bateas, medusas...

Pero sen dúbida o mellor foi cando nos incorporamos á festa do Correlingua e disfrutamos dun concierto do noso profesor de música coa súa banda, bailamos sen parar e non queríamos marchar!!









Chegan os areneiros!!

Desde a reforma na escola dispoñemos dunha zona nova de xogo. Aproveitamos este recuncho para crear a nosa "praia" privada. Encántanos estar todos/as xuntos alí xogando.








o Rei uuuuuu


Queremos compartir con vós a canción do rei U, é unha das nosas preferidas.
UUUUUU din os lobos, e tamén os fantasmas!!



Estes días xogamos a practicar o trazo sobre plástico con rotulador, é moi divertido.



E despois a borrar