jueves, 19 de mayo de 2016

17 DE MAIO

O venres pasado celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano fíxose homenaxe ao autor Manuel María. A través do curso traballamos a este escritor da nosa fala en diferentes momentos. No Nadal cantamos no festival unha das súas panxoliñas. Cando investigamos sobre o tempo metereolóxico estudamos un dos seus poemas sobre o arco da vella. Limos durante o curso unha das súas novelas para nenos/as Os bigotes de Mimí. Este venres os nenos/as de primaria quixemos representar unha das súas obras de teatro Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.



Aquí podedes ver os nosos debuxos e cómics para o concurso do concello.













miércoles, 18 de mayo de 2016

Día da nai

Axendas do día da nai, que bonitas quedaron!