jueves, 19 de mayo de 2016
17 DE MAIO
O venres pasado celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano fíxose homenaxe ao autor Manuel María. A través do curso traballamos a este escritor da nosa fala en diferentes momentos. No Nadal cantamos no festival unha das súas panxoliñas. Cando investigamos sobre o tempo metereolóxico estudamos un dos seus poemas sobre o arco da vella. Limos durante o curso unha das súas novelas para nenos/as Os bigotes de Mimí. Este venres os nenos/as de primaria quixemos representar unha das súas obras de teatro Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.
Aquí podedes ver os nosos debuxos e cómics para o concurso do concello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario