domingo, 23 de abril de 2017

Especies do mar

Este trimestre imos facer unha pequena enciclopedia sobre as especies do mar. Xa investigamos sobre dúas especies que aparecen nas películas de Nemo e Dori.

AS ESTRELAS DE MAR





POLBO DUMBO


A este polbo chámaselle así polo seu parecido co elefante de Disney






Os nenos/as de Valenza compartiron con nós un libro do Pez Arcoiris onde sae un polbo Dumbo. Moitísimas grazas aos compañeiros/as e á súa profe.







miércoles, 5 de abril de 2017

Cambiamos de estación

Chegou a primavera, celebrámolo cunha festa de confeti no patio, e tamén fixemos este mural con flores e insectos.
Tamén aproveitamos as cunchas que xuntamos no proxecto das mariscadoras para facer a nosa propia maceta.


Castelo de San Antón

A semana pasada fomos de excursión ao Castelo de San Antón na Coruña. Alí vimos moitas cousas interesantes, encantounos a visita e recordamos moitos datos que nos ofreceron as guías da visita.
Na aula estabamos tan motivados coa visita que fixemos as nosas propias reproducións do castelo.



 A visita ao Castelo de San Antón tamén foi o motivo de que estes días estemos preguntando na casa e aos nosos veciños/as polos tesouros da Lagoa de Alcaián que vimos alí, veñen dende moi preto das nosas casas!!

Máis letras

Seguimos coñecendo letras, deixamos os vídeos da raíña A e da princesa i




Tarta de chocolate

MMMmmm no mes de marzo foi o cumple da profe Sofía e comimos unha tarta de chocolate que decoramos con bombóns de cores.