lunes, 12 de diciembre de 2016
Que chega o Nadal!!!
Pasou tan rápido o trimestre, que case sen darnos conta chegou o Nadal. A semana pasada puxemos o pino, e comezamos coa actuación do festival, deixámosvos unhas pistas.
PODEDES VER A PELÍCULA DO GRINCH DE DR SEUSS NO SEGUINTE ENLACE
A infanta Margarida
Un día apareceu no libro de Lengua unha nena moi guapa vestida así como doutra época, quen era?
Investigamos sobre o tema e resulta que era a Infanta Margarida, filla de Felipe IV de España e a protagonista dun cuadro moi famoso "As Meninas".
Sabedes quen aparece neste cuadro? O pintor que vedes á esquerda, é Velázquez, o autor desta coñecida obra. No centro, cunha luz especial, está Margarida, e a carón dela, as dúas meninas. As meninas eran as coidadoras da pequena Margarida. Tamén podemos ver outra xente da Corte, como persoas que xogaban coa princesa, ou un cuadro ao fondo cos pais da nena.

Fixándonos en todos estes personaxes, así quixemos representalo.
miércoles, 23 de noviembre de 2016
Corten... e acción!
Este trimestre vimos un anaco da película La oveja Shaun e nos interesamos por saber como facían por mover os personaxes de plastilina. Investigamos sobre o tema e quixemos probar cun dos nosos contos preferidos sobre o mar, Nadarín.
Primeira lección, tivemos que conseguir un trípode porque sen ter a máquina suxeita, non conseguíamos o efecto de movimiento.
Primeira lección, tivemos que conseguir un trípode porque sen ter a máquina suxeita, non conseguíamos o efecto de movimiento.
Despois de tomar todas as fotografías, fixemos unha secuencia de todas elas a cámara rápida cun programa de edición de vídeo moi sinxelo.
E... así quedou o resultado.
Psicomotricidade fina
Moitas sesións da escola dedicámolas a realizar xogos coas mans, encántanos recortar. Hoxe ademais estivemos debullando o millo que trouxemos da casa, pasámolo moi ben, e rematamos a sesión realizando xogos sensoriais coas mans e pés.
De quen falo?
Un xogo que nos gustou moito foi adiviñar personaxes utilizando descricións físicas. Deste xeito practicamos a fala e rimos moito!
Deixamos as imaxes por se queredes xogar na casa.
Deixamos as imaxes por se queredes xogar na casa.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)