miércoles, 9 de marzo de 2016

Proxecto tempo atmosférico.

Este trimestre traballamos o inverno a través do tempo atmosférico. Sabedes que os galegos temos no noso idioma un centenar de palabras para denominar a chuvia?Na escola da Rabadeira recopilamos unhas cuantas palabras e fotografías que reflexan o noso clima tan peculiar.










Elaboramos o noso propio pluviómetro para rexistrar o que chovía cada día.
Aquí nos vedes calibrando.







 E aquí cando o colocamos no patio, e os primeiros rexistros.




Tamén xogamos a ser presentadores do tempo.






Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi descubrir a descomposición das cores e os refráns galegos sobre o arco da vella.










domingo, 14 de febrero de 2016

31 de xaneiro: DÍA DA PAZ


A AMIZADE DUPLICA AS ALEGRÍAS E DIVIDE AS ANGUSTIAS POLA METADE: A NOSA FRASE DESTE ANO NO DÍA DA PAZ.

miércoles, 13 de enero de 2016

Visita do Apalpador

Antes das vacacións do Nadal foi un día estupendo o día que nos visitou o Apalpador. Nós nos esforzamos moito facéndolle este mural tan chulo e el tróuxonos un regalo feito por el,un puzle de madeira moi especial.















martes, 3 de noviembre de 2015

Festa de medo!!!!

O mércores pasado decoramos unhas cabazas terroríficas!!









lunes, 26 de octubre de 2015

Xa non queda nada para a nosa festa SAMAÍN-MAGOSTO

ASÍ ESTÁN QUEDANDO OS ÚLTIMOS PREPARATIVOS, A DECORACIÓN DA FESTA VAI SER MONSTRUOSA.


TAMÉN TEMOS LISTOS OS CASTAÑEIROS PARA COMER MOITAS CASTAÑAS MMMMM