sábado, 11 de marzo de 2017

Entroido e o mar

Como xa sabedes, o tema deste curso escolar é o mar. Decidimos disfrazarrnos polo Entroido de surferos e surferas.
Pintamos as nosas táboas de surf.








Investigamos sobre o surf descubriendo que unhas das ondas máis grandes do mundo están en California e tamén en Hawaii.

As ondas máis grandes do mundo chámanse Mavericks.




Falamos dos perigos do mar, do importante que é ser profesional para practicar surf, e de que todo o mundo ten que ter respecto ao mar. Os nenos/as non se poden meter no mar sen a vixilancia dun adulto. Tamén falamos das bandeiras de información das praias.

Debido a que os surferos gústalles moito surfear en Hawaii decidimos ser surferos de Hawaii e descubrimos tamén moitas cousas sobre este lugar. Vimos un trozo da película de Vaiana e elaboramos as nosas faldas "hula".



Encántanos disfrazarnos e pasalo ben no Entroido, queremos que volva pronto!!



Reformas na escola

Este trimestre estivemos no primeiro andar mentres que no baixo estaban de reformas. Agora xa nos trasladamos á nosa aula. Así quedou de bonita.





jueves, 9 de febrero de 2017

Mariscadoras e mariscadores.

Co noso proxecto sobre o mar xogamos a ser mariscadoras e mariscadores.



Vimos a roupa que levan, e tamén o proceso de mariscar. Limpar a area, botar os ovos do marisco, esperar a que medren, e apañalos con ferramentas como sachos ou anciños.





Nas clases de arte descubrimos unha obra moi importante da pintura galega. As mariscadoras de Luis Seoane.














miércoles, 8 de febrero de 2017

Princesa O

Día a día imos coñecendo novas letras. Hoxe queremos presentaros á princesa O. 




Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Limos o LIBRO DA PAZ de Todd Parr.


Tamén colgamos un cartel na porta da escola coa palabra PAZ para que o viran todos os papás e mamás.