Coa chegada do outono, chegan dúas festas moi divertidas: o Samaín e o Magosto. Na escola fixemos moitas manualidades e o venres celebramos en Servizos Múltiples estas dúas festas cos nosos compañeiros/as do CRA. Realizamos moitos xogos, disfrazámonos de vampiros, e comimos doces típicos.
Este curso investigaremos sobre o mar, e comezamos este proxecto cun conto que nos encanta a todos/as. Nadarín!!
Neste conto os amigos/as de Nadarín únense para parecer un peixe máis grande e dar medo aos animais de maior tamaño que os queren molestar. Así fixemos con plastilina esta secuencia do conto.
Coa chegada da nova estación fixemos moitas actividades. Moitas coas follas de outono que caen das árbores. Gracias mamás e papás pola vosa colaboración.
Tamén limos un libro sobre a estación do outono e con pipas conseguimos o protagonista do conto, que chulos estes ourizos!!
Os nenos/as de 3 anos somos moi pequeniños pero xa sabemos facer unha morea de cousas, estamos aprendiendo a abotoar e desabotoar os mandilóns dos compañeiros/as.