
domingo, 10 de mayo de 2015
sábado, 25 de abril de 2015
Rematamos o noso proxecto sobre animais
Presentación de diapositivas: animais - Diapositivas
Xa encuadernamos o libro que estivemos facendo entre todos/as sobre os animais, gracias familias pola vosa colaboración. Viaxará ás casas cada semana, mais deixámolo aquí para que o vexades cos pequenos/as sempre que queirades.
Tamén temos que contarvos, que este luns tivemos a visita doutra mascota dos nosos nenos/as, LEO, a tartaruga de Gonzalo. Xogamos con ela, e tamén a aseamos e lle cambiamos a auga.
martes, 7 de abril de 2015
Día da muller traballadora e Día do pai.
martes, 3 de marzo de 2015
Proxecto animais
Animais, animais e máis animais...

Neste trimestre, estivemos investigando algunhas características dos animais, como por exemplo o seu hábitat, sabemos que os animais poden desprazarse voando, nadando ou vivir no medio terrestre xa sexa andando ou reptando.
Os pequenos de 3 anos descubrimos algúns animais nocturnos como os mouchos.
E coa axuda dos maiores, descubrimos que algúns son vivíparos e outros ovíparos.
E despois de saber que algúns animais nacen de ovo, falamos doutros animais extinguidos que tamén eran ovíparos OS DINOSAUROS. E xogamos a ser paleontólogos/as.

Sabedes como falan os animais? Na banda deseñada chámanse onomatopeas.
Pero o máis importante o aprendemos día a día coa nosa mascota Blanca, respectar e coidar os animais.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

































