sábado, 25 de abril de 2015

Rematamos o noso proxecto sobre animais


Presentación de diapositivas: animais - Diapositivas


Xa encuadernamos o libro que estivemos facendo entre todos/as sobre os animais, gracias familias pola vosa colaboración. Viaxará ás casas cada semana, mais deixámolo aquí para que o vexades cos pequenos/as sempre que queirades.


Tamén temos que contarvos, que este luns tivemos a visita doutra mascota dos nosos nenos/as, LEO, a tartaruga de Gonzalo. Xogamos con ela, e tamén a aseamos e lle cambiamos a auga.














martes, 7 de abril de 2015

Día da muller traballadora e Día do pai.

Polo día da muller traballadora quixemos recordarlle ás nosas nais que son as mellores.














E polo día do pai, cada un de nós deseñou unha taza para que os papás podan almorzar moi fachendosos.















martes, 3 de marzo de 2015

Proxecto animais

Animais, animais e máis animais...






Neste trimestre, estivemos investigando algunhas características dos animais, como por exemplo o seu hábitat, sabemos que os animais poden desprazarse voando, nadando ou vivir no medio terrestre xa sexa andando ou reptando.

Os pequenos de 3 anos descubrimos algúns animais nocturnos como os mouchos.



E coa axuda dos maiores, descubrimos que algúns son vivíparos e outros ovíparos.

E despois de saber que algúns animais nacen de ovo, falamos doutros animais extinguidos que tamén eran ovíparos OS DINOSAUROS. E xogamos a ser paleontólogos/as.

















Sabedes como falan os animais? Na banda deseñada chámanse onomatopeas.





Pero o máis importante o aprendemos día a día coa nosa mascota Blanca, respectar e coidar os animais.










lunes, 23 de febrero de 2015

Cuadro de dobre entrada

Hoxe os nenos/as de 5 anos xogamos a un xogo diferente, clasificamos as cartas da baralla nun cuadro de dobre entrada, clasificando segundo a cifra e segundo fosen copas, ouros, espadas ou bastos.







sábado, 10 de enero de 2015

Educación para saúde

Aproveitando o tema de ciencias dos maiores sobre a saúde, aproveitamos para facer un pequeno proxecto sobre cómo coidar o noso corpo. Sabemos que é importante facer deporte, estar limpos, comer ben e o descanso.

Descubrimos os nomes dalgúns deportes, e tamén o importante que é disfrutar practicándoos con Peppa Pig.






Falamos e xogamos sobre hixiene bucodental.

















Aprendimos a diferenciar os alimentos de orixe animal como o mel e o leite, e os de orixe vexetal como o aceite.



Por último reflexionamos cun bonito collage.