Este ano fíxose homenaxe a Carlos Casares. Os nenos/as da Rabadeira quixemos lembrar a este importante autor lendo un fragmento do seu libro As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.Aproveitamos para facer a nosa versión da ilustración de Luis Seoane (autor tamén da obra de arte As mariscadoras)que aparece neste libro.
Temos unha moi boa noticia!!! Gañamos o Concurso das Letras Galegas en categoría de monográfico e poesía. Recolleremos os agasallos nos vindeiros días.
Este luns fixemos a terceira convivencia cos nosos/as compañeiros/as do CRA na escola de Feiranova, escollimos esta data por ser o día da familia. Fixemos obradoiros para realizar un agasallo para as nosas familias, ademais de xogar sen parar e disfrutar moito.
O venres pasado fomos á Coruña a visitar o Aquarium, alí o que máis nos gustou foi o tiburón Gastón e ver a Dori e a Nemo. Tamén vimos focas, fotografías de mariscadoras e bateas, medusas... Pero sen dúbida o mellor foi cando nos incorporamos á festa do Correlingua e disfrutamos dun concierto do noso profesor de música coa súa banda, bailamos sen parar e non queríamos marchar!!
Desde a reforma na escola dispoñemos dunha zona nova de xogo. Aproveitamos este recuncho para crear a nosa "praia" privada. Encántanos estar todos/as xuntos alí xogando.