Neste trimestre estivemos estudando a diferencia entre as cidades, as vilas e as aldeas, para iso realizamos un panel explicativo, tomando como referencia A Coruña, Coristanco e Rabadeira.
Os de Infantil tamén realizamos o noso propio mural sobre os medios de transporte que atopamos nas localidades.
Descubrindo os nosos monumentos, decidimos estudar sobre a historia das localidades, e realizamos un libro sobre os nosos ancestros.
E coa visita ao Dolmen de Dombate aínda nos remontamos a máis atrás na HISTORIA.
Á PREHISTORIA!!!
PODENDO ENTRAR NUNHA RÉPLICA CON PINTURAS RUPESTRES E TODO
;)