Neste trimestre, estivemos investigando algunhas características dos animais, como por exemplo o seu hábitat, sabemos que os animais poden desprazarse voando, nadando ou vivir no medio terrestre xa sexa andando ou reptando.
Os pequenos de 3 anos descubrimos algúns animais nocturnos como os mouchos.
E coa axuda dos maiores, descubrimos que algúns son vivíparos e outros ovíparos.
E despois de saber que algúns animais nacen de ovo, falamos doutros animais extinguidos que tamén eran ovíparos OS DINOSAUROS. E xogamos a ser paleontólogos/as.
Sabedes como falan os animais? Na banda deseñada chámanse onomatopeas.
Pero o máis importante o aprendemos día a día coa nosa mascota Blanca, respectar e coidar os animais.